- Información preliminar
- Que facemos pola seguridade nuclear
- Autorización de instalacións
- Licenzas de persoal
- Supervisión e control. Inspeccións
- Centrais nucleares en España
- Estados Operativos
- S I S C
- Centrais en desmantelamento
- Fábrica de combustible de Juzbado
- Almacén definitivo de residuos de El Cabril
- Combustible gastado y residuos alta actividad
- Transporte de materiais nucleares
- Protección física de instalacións e material nuclear
Seguridade Nuclear
A seguridade nuclear ten por obxectivo minimizar os potenciais riscos radiolóxicos das instalacións nucleares derivados da manipulación e o almacenamento de substancias nucleares ou do uso da enerxía nuclear para a obtención de enerxía eléctrica, tanto en circunstancias normais como en caso de incidentes, co fin de lograr a adecuada protección dos traballadores, o público e o medio ambiente.
O Consello de Seguridade Nuclear (CSN), único organismo competente en España nesta materia, establece os principios, criterios e normativa que regulan a seguridade nuclear. A súa actividade reguladora abarca todas as fases da vida das instalacións nucleares: localización, proxecto, control e correcto funcionamento, e desmantelamento, incluídas as actividades do ciclo do combustible nuclear, que se leva a cabo en España.
A regulación da seguridade nuclear determina o emprazamento, deseño, construción, operación e desmantelamento de todas as instalacións nucleares e baséase, fundamentalmente, na aplicación práctica do principio de defensa en profundidade, que consiste na interposición dun conxunto de barreiras físicas e administrativas contra os riscos radiolóxicos potenciais. A regulación da seguridade nuclear está orientada, así mesmo, á prevención de incidentes e á mitigación das súas consecuencias en caso de que se produzan.
Para acadar e manter un adecuado nivel de seguridade nuclear, o CSN esixe ademais aos titulares das instalacións a dispoñibilidade de persoal debidamente cualificado, un enfoque adecuado en materia de seguridade física e o establecemento dunha cultura de seguridade efectiva. Do mesmo modo, financia a investigación en temas operativos e de seguridade.
Toda a normativa sobre seguridade nuclear e protección radiolóxica atópase en CSN > Normativa.