- Información preliminar
- Que facemos pola protección radiolóxica
- Protección radiolóxica do público e do medio ambiente
- Protección radiolóxica fronte á radiación natural
- Protección radiolóxica dos traballadores
- Autorización de instalacións
- Supervisión e control. Inspeccións
- Diplomas, licenzas e credenciais
- Entidades de servizo
- Raios X médicos
- Instalacións en desmantelamento en España
- Almacén definitivo de residuos radioactivos de El Cabril
- Control de fontes radiactivas
- Vixilancia radiolóxica de materiais metálicos e Megaport
- Transporte de material radiactivo
- Protección física de instalacións e material radioactivo
Control de fontes radiactivas
O Consello de Seguridade Nuclear (CSN) realiza o control e a inspección periódica, normalmente anual, das fontes radioactivas conforme establece o Regulamento sobre instalacións nucleares e radioactivas.
Por outra parte, existe unha normativa específica sobre o control das fontes radioactivas de alta actividade e fontes orfas que establece obrigas para o CSN en materia de control sobre ditas fontes, identificando a este organismo como responsable da creación e mantemento dun Inventario Nacional de fontes radioactivas de alta actividade e dos seus posuidores, así como o establecemento dun sistema de seguimento e control das transferencias desas fontes dende a súa entrada no noso país ata a súa saída, ao final da súa vida útil, o seu almacenamento como residuo radioactivo nunha instalación autorizada.
Para a xestión dos mencionados inventarios e o seguimento das transferencias, ha de remitirse ao CSN unha folla inventario normalizada cada vez que se produce a entrada dunha fonte nova e posteriormente cando cambia na súa localización. A norma inclúe, así mesmo, requisitos destinados á comprobación periódica da situación e estado das fontes para previr e evitar calquera situación de perda, subtracción ou traslado non autorizado das mesmas.