CSN Que é unha emerxencia nuclear

Volver ao contido

Su versión de Internet Explorer no es la adecuada para una correcta visualización de esta página web. Debe utilizar Internet Explorer 9 o superior.

Aceptar

Contenido principal

Que é unha emerxencia nuclear

¿Qué es una emergencia nuclear?

Unha emerxencia nuclear é o estado que pode declarar a autoridade competente cando un suceso nunha central nuclear perturba o seu funcionamento normal, ata o punto de que pode chegar a ocasionar un accidente no que fallen os sistemas de protección do reactor, se produzan erros de operación na instalación ou exista a posibilidade de acadar niveis anormais de exposición a radiacións ionizantes ou de contaminación radioactiva dentro ou fóra do emprazamento da central.

Dado que a posibilidade de accidente nunca se pode eliminar de todo nas centrais nucleares, é necesario ter plans de resposta a emerxencias nucleares que establezan as actuacións a seguir  para mitigar e reducir as súas consecuencias adversas sobre a poboación e o medio ambiente. En caso de producirse un accidente actívanse inmediatamente estes plans de emerxencia para dar unha axeitada resposta das autoridades; e dos servizos públicos e privados necesarios para garantir unha adecuada protección da poboación.

Dende a activación dos plans, as autoridades responsables informan inmediatamente á poboación afectada sobre os datos da situación de emerxencia, sobre o comportamento que debe adoptarse e, en función da situación de que se trate, sobre as medidas de protección que deben aplicarse. A información á poboación efectúase a través dos diversos medios dispoñibles: megafonía, emisoras de radio e de televisión e outros. En caso de emerxencia é importante atender só a fontes oficiais, tratar de cumprir co requirido por estas e conservar a calma e a serenidade.

Para o caso das poboacións incluídas nas zonas de planificación de emerxencias das centrais nucleares editáronse folletos con información precisa sobre como actuar en caso de emerxencia, particularizados para cada núcleo de poboación estes folletos editáronse conxuntamente pola Dirección Xeral de Protección Civil e Emerxencias e o Consello de Seguridade Nuclear.