CSN Protección radiolóxica fronte á radiación natural

Volver ao contido

Su versión de Internet Explorer no es la adecuada para una correcta visualización de esta página web. Debe utilizar Internet Explorer 9 o superior.

Aceptar

Contenido principal

Protección radiolóxica fronte á radiación natural

Radiación natural

A exposición dos seres humanos ás fontes naturais de radiación é unha característica continua e inevitable da vida na terra. Para a maior parte das persoas esta exposición excede a todas as debidas a fontes artificiais combinadas. Hai dous contribuíntes fundamentais ás exposicións á radiación natural: a radiación cósmica que atravesa a atmosfera terrestre e a radiación terrestre, procedente dos elementos radioactivos que se encontran na codia da Terra dende a súa formación.

Os isótopos radioactivos son ubicuos no medioambiente. Encóntranse no solo, na auga, no aire, nos alimentos, nos materiais de construción e no noso propio corpo. De todos eles, o radon (Rn), un gas procedente da desintegración do radio-226, representa a principal contribución á dose debida á radiación natural. Ademais, as exposicións ás fontes de radiación natural poden modificarse pola acción humana (como a minería ou a construción).

Moitas persoas poden estar expostas tamén a niveis elevados de radiación natural nos seus lugares de traballo. Exemplo diso son os traballadores das minas subterráneas, os de procesado de minerais e a tripulación de aeronaves.

En España a exposición á radiación natural debida a prácticas laborais está regulada polo Regulamento sobre Protección Sanitaria contra Radiacións Ionizantes. No desenvolvemento deste regulamento, o Consello de Seguridade Nuclear, emitiu unha instrución e varias guías de seguridade. Estas inclúen ademais recomendacións para limitar a exposición á radiación natural, en particular ao radon nas vivendas.