CSN Protección física de instalacións e material nuclear

Volver ao contido

Su versión de Internet Explorer no es la adecuada para una correcta visualización de esta página web. Debe utilizar Internet Explorer 9 o superior.

Aceptar

Contenido principal

Protección física de instalacións e material nuclear

PROTECCION FISICA MATERIAL NUNCLEAR

O Consello de Seguridade Nuclear, en materia de protección física das instalacións e material nuclear e fontes radioactivas, ten competencias na avaliación, a inspección e o control das actividades, a elaboración e aprobación de normativa, a colaboración e asesoría a outras autoridades competentes e a iniciación de procedementos sancionadores.

As instalacións nucleares deberán dispoñer de autorización de protección física que facultará ao titular para exercer as actividades de conformidade coas obrigas establecidas na normativa vixente. A autorización de protección física concedida ás instalacións nucleares inclúe, se dispoñen delas, ás fontes radioactivas que deben ser controladas e protexidas.

Os titulares das instalacións nucleares deberán, por tanto, solicitar a autorización de protección física no momento de solicitar as autorizacións de construción, de almacenamento temporal de material nuclear, de explotación e de desmantelamento, así como para os transportes de materiais nucleares.

As disposicións en materia de protección física serán de aplicación a:

  • As instalacións nucleares nas que se producen, procesan, utilizan ou almacenan materiais nucleares ou nas que se realiza a súa disposición final, incluídos os edificios e equipos relacionados.
  • Os materiais nucleares durante a súa produción, utilización, manipulación, procesado, almacenamento e transporte polo territorio español, ou a bordo dun buque ou aeronave baixo a súa xurisdición, en tanto que dito buque ou aeronave estea dedicado ao transporte a territorio nacional ou dende o mesmo.