CSN Protección física de instalacións e material radioactivo

Volver ao contido

Su versión de Internet Explorer no es la adecuada para una correcta visualización de esta página web. Debe utilizar Internet Explorer 9 o superior.

Aceptar

Contenido principal

Protección física de instalacións e material radioactivo

Protección Física

As fontes radioactivas seladas clasifícanse en cinco categorías segundo o seu perigo, sendo a categoría 1 a máis perigosa para a saúde humana e a 5 a menos perigosa. As fontes das categorías 1, 2 e 3 forman o conxunto de fontes radioactivas seladas de alta actividade.

A normativa establece que o Consello de Seguridade Nuclear (CSN) debe crear e manter un Inventario Nacional de fontes radioactivas de alta actividade e os seus posuidores, así como establecer un sistema de seguimento e control das transferencias desas fontes dende a súa entrada no noso país ata a súa saída, ao final da súa vida útil, o seu almacenamento como residuo radioactivo nunha instalación autorizada.

Adicionalmente, as fontes de alta actividade, nas instalacións nas que se produzan, procesen, manipulen, utilicen ou almacenen, deberán dispoñer dun sistema de protección física, de conformidade coa avaliación vixente da ameaza, o incentivo relativo das fontes radioactivas, a natureza destas e as consecuencias previsibles derivadas da retirada non autorizada das mesmas ou de actos de sabotaxe.

O Consello de Seguridade Nuclear, en materia de protección física das instalacións e material radioactivo ten competencias na avaliación, a inspección e o control das actividades, a elaboración e aprobación de normativa, a colaboración e asesoría a outras autoridades competentes, así como a iniciación de procedementos sancionadores.