CSN Autorización de instalacións

Volver ao contido

Su versión de Internet Explorer no es la adecuada para una correcta visualización de esta página web. Debe utilizar Internet Explorer 9 o superior.

Aceptar

Contenido principal

Autorización de instalacións

AUTORIZACIÓN DE INSTALACIONES

As instalacións radioactivas  autorízanse de acordo co establecido no Regulamento de Instalacións Nucleares e Radioactivas. As instalacións radioactivas do ciclo do combustible nuclear teñen as mesmas autorizacións que as instalacións nucleares, mentres que o resto de instalacións radioactivas de 1ª, 2ª e 3ª categoría requiren unicamente autorización de funcionamento, de modificación (se é que se dá o caso), de cambio de titularidade e de declaración de clausura (ao finalizar as súas operacións).

Para as instalacións radioactivas de 1ª categoría, corresponde ao Ministerio de Industria a concesión das autorizacións de funcionamento, cambio de titularidade e declaracións de clausura. Para o resto de autorizacións, correspóndelle a súa concesión a este mesmo Ministerio ou, en caso de que as competencias estean transferidas, á Consellería de Industria da Comunidade Autónoma onde a instalación radioactiva estea emprazada. En todos os casos requírese o informe preceptivo do Consello de Seguridade Nuclear (CSN). Este informe é vinculante en caso de ser denegatorio e en canto ás condicións que establece para a concesión da autorización.

Cando a instalación está en disposición de iniciar a operación, o titular comunica o feito ao CSN para que este poida realizar unha visita de inspección. Tras ela, se o resultado é positivo, o Consello emitirá unha notificación para a posta en marcha que remitirá ao titular, dando conta da mesma ao Ministerio.

Todas as instalacións radioactivas dispoñen dun supervisor, responsable dos aspectos de protección radiolóxica, con licenza emitida polo CSN.

Co obxectivo de establecer as normas relativas á protección dos traballadores e da poboación contra os riscos que resultan das radiacións ionizantes, así como para regular as entidades relacionadas coa protección radiolóxica, elaborouse o Regulamento sobre Protección Sanitaria contra Radiacións Ionizantes.

O CSN é responsable de autorizar e supervisar o funcionamento dos Servizos e Unidades Técnicas de Protección Radiolóxica. Considerando o risco radiolóxico, poderá esixir aos titulares das instalacións ou prácticas autorizadas que se doten dun Servizo de Protección Radiolóxica, ou que contraten unha Unidade Técnica de Protección Radiolóxica para que lles proporcione asesoramento específico nesta materia. Do mesmo xeito, o CSN autorizará uns Servizos de Dosimetría Persoal que serán responsables de realizar a dosimetría individual, tanto externa como interna, de todos os traballadores expostos ás radiacións nas instalacións autorizadas. Para iso, os titulares das instalacións son os responsables de realizar a vixilancia radiolóxica do ambiente de traballo e da vixilancia individual dos traballadores.

Para ampliar información sobre os tipos e categorías de instalacións que se mencionan neste apartado, pódese consultar a monografía correspondente a  instalaciones radiactivas.

Se desexa coñecer o contido relativo ás autorizacións de instalacións nucleares, pode consultar o apartado: Seguridade Nuclear > Autorización de instalacións.