CSN Información preliminar

Volver ao contido

Su versión de Internet Explorer no es la adecuada para una correcta visualización de esta página web. Debe utilizar Internet Explorer 9 o superior.

Aceptar

Contenido principal

Información preliminar

Antecedentes

A radiación é a emisión, propagación e transferencia de enerxía en calquera medio en forma de ondas electromagnéticas ou partículas.

Os seres vivos conviven coas radiacións dende as súas orixes. Sen a radiación do sol non existiría vida na terra e sen a radiación infravermella non poderiamos quentarnos. Ademais destas fontes naturais de radiación, o ser humano foi capaz de desenvolver distintos aparellos que se basean en ou empregan as radiacións. Empregamos a radiación cando escoitamos a radio, falamos co móbil, quentamos o almorzo no microondas, torramos o pan ou nos fan unha radiografía.

As ondas ou radiacións electromagnéticas pódense clasificar en radiacións ionizantes, se teñen enerxía suficiente como para producir a ionización dos átomos da materia que atravesan (ex.: raios X) ou radiacións non ionizantes, se non teñen suficiente enerxía para romper os enlaces dos átomos e producir a ionización como por exemplo os raios ultravioletas, as ondas de radio, TV, ou a telefonía móbil.

As radiacións que se presentan en forma de partículas con masa (ex. radiación alfa) están incluídas dentro das radiacións ionizantes, pois en todos os casos son capaces de producir a ionización.

Para ampliar información sobre este apartado, pueden consultarse las siguientes monografías: las radiaciones e instalaciones radiactivas.