CSN Licenzas de persoal

Volver ao contido

Su versión de Internet Explorer no es la adecuada para una correcta visualización de esta página web. Debe utilizar Internet Explorer 9 o superior.

Aceptar

Contenido principal

Licenzas de persoal

Licencias de personal

A axeitada formación das persoas encargadas de dirixir e operar as instalacións nucleares considérase un elemento fundamental para conseguir que o funcionamento destas instalacións se realice en condicións de seguridade adecuadas, que garanta a protección dos traballadores das propias instalacións e da poboación.

Para asegurar que o grao de formación adquirido é aceptable, a lexislación española require que as persoas cuxa actividade pode afectar á seguridade ou a protección radiolóxica das instalacións obteñan unha licenza concedida polo Consello de Seguridade Nuclear (CSN) para a que é preciso acreditar coñecementos suficientes nesas materias, así como sobre o funcionamento, as normas e procedementos de actuación, os riscos existentes e as medidas de protección das instalacións específicas en que van realizar a súa actividade.

Unha vez obtida a licenza, os operadores e supervisores son sometidos a programas continuos de actualización da súa formación, supervisados polo CSN. Deben renovar a súa licenza cada seis anos, acreditando ante o Consello os seus coñecementos, estado de saúde e as súas intervencións na operación da central.

Nas centrais nucleares enténdese por operación toda manobra que afecte á reactividade, ao nivel de potencia do reactor ou á integridade das barreiras fronte á liberación de material radioactivo, segundo se recolle nos procedementos de operación. A operación da central nuclear débese levar a cabo dende a sala de control por persoal con licenza. As alteracións do núcleo, incluíndo a carga e descarga de combustible e a súa transferencia necesitan tamén da supervisión por parte dunha persoa con licenza específica para esta actividade, que non debe ter asignadas simultaneamente outras tarefas distintas a esta.

O servizo de protección radiolóxica da instalación, que depende directamente do director da central, debe dispoñer dun xefe de Servizo de Protección Radiolóxica co correspondente diploma outorgado polo CSN.

O resto do persoal que traballa nunha central, xa sexa do cadro de persoal ou de contrata, debe recibir una formación en seguridade e protección radiolóxica acorde co posto de traballo que desempeña e os potenciais riscos para a seguridade da instalación que a súa ocupación entraña.

Para ampliar información sobre as licenzas de persoal das instalacións radioactivas pode consultarse a sección:  Protección radiolóxica > Diplomas, licenzas e acreditacións.