CSN S I S C

Volver ao contido

Su versión de Internet Explorer no es la adecuada para una correcta visualización de esta página web. Debe utilizar Internet Explorer 9 o superior.

Aceptar

Contenido principal

S I S C

SISC

O SISC (Sistema Integrado de Supervisión de Centrais) é un conxunto de actividades, realizadas seguindo procedementos establecidos, que o Consello de Seguridade Nuclear e os titulares das centrais nucleares utilizan para supervisar o funcionamento das centrais e, a partir dos seus resultados, determinar as accións correctoras necesarias.

Este sistema de supervisión baséase, en primeiro lugar, na monitorización continua dun conxunto de Indicadores de funcionamento de cada central que abarcan todos os aspectos importantes para a seguridade e, en segundo lugar, nun Programa de Inspeccións chamado Plan Base de Inspección, que permite supervisar os aspectos do funcionamento da central que non están cubertos polos indicadores.

Estes mecanismos de supervisión abarcan tres “áreas estratéxicas” (Seguridade Nuclear, Protección Radiolóxica e Protección Física) e sete “piares de seguridade” ligados ás mesmas. Ambos conxuntos de actividades seguen o criterio xeral de concentrar o esforzo supervisor naqueles aspectos que, segundo os resultados das Análises Probabilistas de Seguridade, teñen unha maior importancia para a seguridade.

Os Indicadores de Funcionamento están deseñados para caracterizar o funcionamento da central mediante datos numéricos, proporcionando así información sobre todos aqueles aspectos da seguridade razoablemente susceptibles de ser cuantificados, co fin de lograr a máxima obxectividade. Os resultados dos indicadores clasifícanse en rangos de importancia preestablecidos.

O Programa de Inspeccións consiste en observacións, medidas, exames ou probas directas cuxo fin é avaliar o estado das estruturas, sistemas, compoñentes e materiais da central, así como as actividades de operación, os procesos e procedementos e a competencia do persoal, permitindo comprobar o cumprimento de normas, boas prácticas ou compromisos documentados e, en definitiva, que a central opera de forma segura. Os incumprimentos denomínanse achados de inspección e clasifícanse segundo a súa importancia para a seguridade, segundo procedementos de determinación da importancia dos achados para a seguridade.

Pódese acceder al SISC a través do siguinte enlace: