CSN Transporte de material radiactivo

Volver ao contido

Su versión de Internet Explorer no es la adecuada para una correcta visualización de esta página web. Debe utilizar Internet Explorer 9 o superior.

Aceptar

Contenido principal

Transporte de material radiactivo

Transporte de material radiactivo

As diversas aplicacións do material radioactivo, no campo médico, industrial e nuclear, requiren o seu transporte dende os subministradores ás instalacións usuarias e, posteriormente, dos residuos radioactivos xerados por estas ata os centros de tratamento.

O envío de materiais nucleares e radioactivos supón arredor do 2% dos traslados internacionais de  mercadorías perigosas. A maior parte destes conteñen pequenas cantidades de materiais radioactivos que se empregan con fins de diagnóstico médico, en certas aplicacións industriais ou con fins de investigación. Outros envíos corresponden a fontes radioactivas de grande actividade utilizadas fundamentalmente na terapia contra o cancro.

Os transportes realízanse principalmente por vía aérea, sobre todo para o material radioactivo empregado en aplicacións médicas, xa que este, pola súa natureza, sofre un decaemento radioactivo rápido e, en consecuencia, precisa ser enviado de forma urxente. Posteriormente, ata o seu destino final nos centros hospitalarios ou de diagnóstico, estes materiais, que van en embalaxes de pequeno tamaño son transportados por estrada.

O transporte marítimo é empregado para trasladar a longas distancias grandes cantidades de material, normalmente asociadas ao ciclo de combustible nuclear (minerais, concentrados, hexafluoruro de uranio, combustible nuclear, etc.).

Unha rigorosa estrutura reguladora e de control no transporte, acordada e seguida a nivel nacional e internacional, asegura os usos beneficiosos dos materiais radioactivos cun nivel apropiado de protección e seguridade para as persoas, as propiedades e o medio ambiente. As funcións do Consello de Seguridade Nuclear inclúen, ademais, a remisión de informes de seguridade ao Ministerio de Industria para a aprobación dos vultos de transporte e para a autorización das expedicións, así como o control e inspección nos aspectos de seguridade nuclear e protección radiolóxica de todas as actividades relacionadas co transporte de material radioactivo.

Para máis información acerca de transporte de material nuclear pode consultar a sección
Seguridade nuclear > Transporte de materiais nucleares