- Información preliminar
- Que facemos pola seguridade nuclear
- Autorización de instalacións
- Licenzas de persoal
- Supervisión e control. Inspeccións
- Centrais nucleares en España
- Estados Operativos
- S I S C
- Centrais en desmantelamento
- Fábrica de combustible de Juzbado
- Almacén definitivo de residuos de El Cabril
- Combustible gastado y residuos alta actividad
- Transporte de materiais nucleares
- Protección física de instalacións e material nuclear
Autorización de instalacións
O réxime de autorizacións das instalacións nucleares está regulado polo Regulamento de Instalacións Nucleares e Radiaoctivas. Segundo establece este regulamento, o Ministerio de Industria é o responsable de outorgar as distintas autorizacións necesarias de emprazamento, construción, explotación, modificación, transporte, desmantelamento e clausura das instalacións, polo que as solicitudes deben presentarse ante o mesmo, acompañadas da documentación establecida para cada caso. Porén, para a emisión das autorizacións de instalacións nucleares é preciso o informe preceptivo do Consello de Seguridade Nuclear (CSN) en materia de seguridade nuclear e protección radiolóxica. Por isto, antes de emitir a autorización, o Ministerio remite unha copia de toda a documentación ao CSN, que elabora o informe preceptivo. Este informe é vinculante en caso de ser denegatorio e en canto ás condicións que establece para a concesión da autorización.
O titular de cada autorización é o responsable do funcionamento da instalación ou actividade autorizadas en condicións de seguridade, sempre dentro do establecido nos documentos oficiais ao amparo dos cales se concede a correspondente autorización. A el correspóndelle aplicar e manter actualizada dita documentación, informar ao Ministerio de Industria e ao CSN das cuestións que poidan afectar ás condicións da autorización ou á seguridade nuclear e protección radiolóxica e, en xeral, cumprir as regulamentacións vixentes. Así mesmo, recae no titular a responsabilidade da xestión da instalación nuclear nas situacións de emerxencia que puideran producirse.
Para coñecer máis sobre a autorización de instalacións radioactivas pode visitarse o apartado: Protección radiolóxica > Autorización de instalacións.