CSN Información preliminar

Volver ao contido

Su versión de Internet Explorer no es la adecuada para una correcta visualización de esta página web. Debe utilizar Internet Explorer 9 o superior.

Aceptar

Contenido principal

Información preliminar

Antecedentes

A seguridade nuclear en España está relacionada principalmente coa produción de enerxía eléctrica.

Os átomos son as partículas máis pequenas en que pode dividirse un elemento químico mantendo as súas propiedades. No núcleo de cada átomo hai dous tipos de partículas (neutróns e protóns) que se manteñen unidas.

A enerxía nuclear é a contida no núcleo dun átomo, que mantén unidos neutróns e protóns e pódese empregar para producir electricidade.

Pero primeiro a enerxía debe ser liberada. Esta enerxía pódese obter de dúas formas: fusión nuclear e fisión nuclear. Na fusión nuclear, a enerxía libérase cando os átomos se combinan ou se fusionan entre si para formar un átomo máis grande. Así é como o Sol produce enerxía. Na fisión nuclear, os átomos sepáranse para formar átomos máis pequenos, liberando enerxía.

As centrais nucleares utilizan a fisión nuclear para producir electricidade.